imgText

imgText

imgText

imgText

imgText

Historia

O SANTA MARIÑA BUQUE INSIGNIA DO FÚTBOL BASE VIGUÉS

A década dos sesenta estará cargada de acontecementos, como  é a marcha do patriarca da U.D. Santa Mariña, Humberto Gómez Pardo, do que máis adiante volveremos a falar, ou que na campaña 1963-1964 a U.D. Santa Mariña baixa á Segunda División, pero recuperará a categoría en tan só un ano. Gañando a Liga cunha gran vantaxe sobre os seus rivais. Esta feito serve de punto de inflexión no club e senta as bases dun ambicioso proxecto deportivo e social que estaría a chegar baixo a presidencia de Carlos Fernández Trigo.

Os vermellos volven a gañar a Liga Primeira División da Serie B na Liga 1965-1966 e tamén nese 1966 conseguen gañar a Copa Vigo por primeira vez na historia do club, fronte ó Deportivo Teis.

A tempada 1966-1967 é calcada á anterior, pois o equipo de Cabral gaña a Liga e a Copa Vigo. De igual xeito, quedaba as portas do Campionato Galego por segundo ano consecutivo, que volvía a ir para terra coruñesa. Si no 1966 perdía ante o Vioño, en 1967 caería ante o Galicia Gaiteira.

Cabe subliñar que no 1967 o club estrea unha nova sede social, que se podía considerar máis que unha sede dun club de fútbol, unha asociación cultural e deportiva. Este local dispuña de secretaría, sala de xuntas, servizo de bar, sala de xogos, anexo para o material deportivo, outro anexo para lavandería, vestiario con duchas e un médico traumatólogo. No local social tamén se facían charlas deportivas, conferencias, concursos culturais, merendas para os nenos, agasallos no Día de Reis, festivais, excursións… sen esquecer o fin de tempada, que por poñer un exemplo, ata estivo o presidente do Barcelona, Agustín Montal.

A mediados dos sesenta comeza un proxecto deportivo a máis curta idade, con dous equipos infantís, polo que aquela iniciativa foi coma un lostrego que alumeou o camiño daqueles cativos por vieiros de amizade e fraternidade a través do deporte. Aquel proxecto creado coa intención de axudalos a desenvolverse na sociedade, infundíndolles valores coma o de respecto, tolerancia e solidaridade co adversario, do aprendizaxe do saber gañar e saber perder, do xogo limpo... Aquela foi a mellor inversión da UD. Santa Mariña, xa que aqueles intereses produciron grandes doses de alegría, pois aquel fenomenal grupo de directivos, algúns deles de moitísimo carisma, estaban convencidos que aquela convivencia en grupo, axudaría aos cativos a ser máis sociables e polo tanto mellores persoas.

Coa creación destas seccións infantís, vólvese a integrar aos nenos no club, sendo os principais protagonistas e verdadeiros cimentos do que no futuro convertería ó club nun dos que mellor coidan o fútbol base.

Na seguinte imaxe podese ver unha festa de nadal para cativos organizada polo club na sala de baile "La Palmera".


Tras os moitos éxitos acadados, tanto a nivel deportivo como institucional, a U.D. Santa Mariña convértese no buque insignia do fútbol modesto vigués, e será equipo a bater por unha selección dos mellores futbolistas do resto de clubs modestos de Vigo, na homenaxe que a Federación de Fútbol Local de Vigo fixo ao seu presidente Severo Recondo, nun partido en Balaídos.


Para completar esta época dourada do club, a dinámica directiva que tiña a U.D. Santa Mariña nestes anos, forma tamén unha división de Atletismo e de Balonmán aínda que non chegaron a consolidarse.

Como broche de ouro desta década, destacamos ao neno Santiago Formoso que comeza a xogar no ano 1965 no equipo infantil da U.D. Santa Mariña, sube ao equipo xuvenil ata que con 16 anos emigra aos Estados Unidos de America para chegar a ser 16 veces internacional con ese país ou a xogar no mítico NEW YORK COSMOS xunto a Pelé, Beckenbauer, Cruyff, Neeskens, Chinaglia, entre outros. Destacar que é o primeiro deportista español en gañar un anel de campión deportivo nos Estados Unidos.

Para máis info podedes acceder a seguinte dirección adicada ao documental que lle fixeron a fai uns anos, chamado Alén do cosmos: <click aquí> ou ver o trailer: <click aquí>.

A finais dos anos 60 a U.D. Santa Mariña tiña dous equipos infantís pero só un xuvenil que se quedaba escaso, polo que a directiva acordou crear un segundo equipo xuvenil. Este desexo non se pode levar a cabo xa que a federación non deixa inscribilo como "Santa Mariña B" polo que o presidente decide inscribilo co antigo nome de Deportivo Cabral.

Finalmente o Deportivo Cabral botará a andar na tempada 1969-1970 e finalmente tendrá categorías de infantil, cadete, xuvenil e senior vestindo a misma equipaxe ca U. D. Santa Mariña. A formación deste segundo equipo pon de manifesto o empeño historico dos dirixentes de este club por traballar a canteira, feito que perdura ata actualidade.
Historia Historia Reviewed by udstamarina on 15.4.19 Rating: 5