Escola de Tecnificación
A partir do ano 2021, dende a U.D. Santa Mariña, quixemos dar un salto cualitativo na formación dos nosos xogadores (tamén porteiros) chegando a un acordo de colaboración coa Academia de Alto Rendemento de Fútbol, TecnifícaT.
Queremos dar a oportunidade aos nosos xogadores e a xogadores doutros clubs que poidan dar un salto cualitativo en canto á técnica, cumprimentando os adestramentos globais que se realizan no club, con estes adestramentos máis específicos onde traballarán a técnica dunha maneira diferente, a través do método Coerver que nos trae TecnifícaT.
O Método Coerver:
O método Coerver é o método de ensino de habilidades futbolísticas número 1 no mundo.
Academia TecnifícaT:
Web: https://linktr.ee/academiatecnificat
Instagram: https://www.instagram.com/academiatecnificat
Facebook: https://www.facebook.com/AcademiaTecnificaT/
