imgText

imgText

imgText

imgText

imgText

Instalacións

NA HISTORIA

O primeiro local da U.D. Santa Mariña, foi á beira da Igrexa, nun anexo da casa do Bar Galocho. Polo ano 1950 o local trasladouse a un baixo dos "Amigos", onde hoxe é o número 5 da Avenida dá Ponte.

Posteriormente cambiouse para outro baixo fronte á praza de abastos.

En 1966 conseguiuse alugar os locais en Ramón Nieto, número 424; interior donde estivo a sede do club ata 1999, cando trasladouse as actuales instalacións do Campo de Fútbol de Cotogrande.


NA ACTUALIDADE


No Municipio de Vigo, Concello de Vigo e en terreos cedidos pola Comunidade de Montes de Cabral e no lugar de Cotogrande, é onde se sitúan as instalacións deportivas que adoptan o mesmo nome.


Grazas á colaboración da Comunidade de Montes de Cabral, construímos, en pedra do país, un local de 100m2 situado na entrada do campo, o cal destinamos a oficinas e almacén, pasando o antigo local (situado debaixo da bancada), a clínica-ximnasio e local de actividades varias.


O día 25 de Febreiro de 2007, inaugurouse o campo principal (102x64 m), que consistiu na dotación de herba sintética e de novas portarías (fútbol 7 e fútbol 11). Esta remodelación tamén incluíu a iluminación nova, un marcador electrónico, colocación de asentos plásticos na bancada e o asfaltado do aparcadoiro. Desta forma, conseguiuse o obxectivo da directiva, o cal agradecemos á Deputación de Pontevedra e ao Concello de Vigo.


E un segundo campo, de 92x64 m, de herba sintética inaugurado o 6 de Outubro de 2010 xunto con dous novos vestiarios para xogadores e un para árbitros.


Nestes momentos dispomos de 8 vestiarios completos para uso de xogadores, así como catro para uso de árbitros e adestradores.


NO FUTURO

O próximo obxectivo é dotar de herba artificial o terreo paralelo ao 2º campo, para a creación dun campo de fútbol 7. Tamén como segundo, teriamos a construción dunha pista polideportiva para a práctica de fútbol-sala, baloncesto, balonmán, etc. cos seus correspondentes vestiarios.

Instalacións Instalacións Reviewed by udstamarina on 2.3.19 Rating: 5