imgText

imgText

imgText

imgText

imgText

Minibenxamíns

A Federación Galega de Fútbol non dispón dunha competición de fútbol campo para a categoría biberón. Para suplir isto, os máis pequenos do club (3, 4 e 5 anos), ao longo da tempada participan en diversos eventos orientados á aprendizaxe e á adaptación ás rutinas do fútbol para cando comecen a competir en categorías superiores.

1. Torneo de Vigo de Futbol Base.

O concello de vigo, entre os meses de outubro e xuño de cada ano, organiza un torneo no que participan diversas escolas de fútbol de Vigo e alrededores. Os partidos xóganse os sábados pola mañá (excepto datas puntuales) no campo Armando Cajaraville de Samil. Xogadores da talla de Thiago e Rafinha Alcántara, Rodrigo Moreno, Rubén Blanco ou Brais Méndez (Estes dous últimos, canteiráns da U.D. Santa Mariña) participaron nesta competición, que naceu en 1999 e está dirixida polo ex-xogador e adestrador Belarmino Alonso 'Milucho', coordinador das escolas municipais de fútbol de Vigo.

O campo de fútbol 11 é dividido en 4 mini-campos donde se xogan os partidos e non hai arbitros ao uso. Os propios adestradores están dentro do campo dirixindo o partido e ensinando aos nenos a colocación, as normas e valores esenciais no fútbol e na vida en xeral. Nestes partidos valórase o fútbol sen resultados e trátase de pasalo ben, de divertirse e de iniciar aos máis pequenos no deporte e na vida saudable.

Tanto no acto de apertura como no de clausura, acoden o alcalde e o concelleiro de deportes a animar aos nenos e familias. A maiores, o día da clausura regálanlles os pequenos un obsequio por participar  e unha medalla reprensentando o obxecto da competición na que non hai perdedores.


2. Partidos amistosos:

A U.D. Santa Mariña durante o ano organiza diversos partidos amistosos para os máis pequenos que normalmente xóganse en Cotogrande.

3. Torneos.

O club de cara ás vacacións do nadal ou xa cando remata a tempada regular de ligas federadas, tamén adoita inscribir ao equipo de minis nalgún torneo para que tamén os máis pequenos poidan gozar dese tipo de eventos, nos que comparten una xornada intensa de fútbol xunto cas súas familias e que tanto disfrutan.

4. Partidos con prebenxamíns.

Nalgún caso, si por as razóns físicas e técnicas do neno, o club considera que está apto para participar cun equipo de prebenxamíns, sempre co consenso dos pais, os máis pequenos poden ir convocados cos equipos ás ligas federadas durante a tempada xa que a competición permítelles xogar coa categoría inmediatamente superior.

Minibenxamíns Minibenxamíns Reviewed by udstamarina on 17.10.19 Rating: 5